Imaxe: Twitter Grupo Parlamentario En Marea

En Marea cuestiona ao PP polos pagos do sobrecuste da viaxe de Feijoo

No pleno do Parlamento, Luís Villares cuestiona se o PP aboou o custe que supuxo adiantar a viaxe de Feijoo para asistir á manifestación convocada por PP, Ciudadanos e Vox, despois da reacción da oposición.

Durante a sesión de control ao goberno, Núñez Feijoo aseverou que o sobrecusto da anulación dos billetes e a compra dunha pasaxe adiantada para retornar a España foi abonado polo PP. Aeverou, en alusión ás palabras de Villares “non teño ningún inconveniente en trasladarlle a factura, inda que vostede non ten ningún dereito a tela. Ningún acto de partido foi xamais financiado pola Xunta de Galicia”.  

O voceiro de En Marea afeou tamén que o goberno tardase tres meses en respostar a unha serie de preguntas sobre esa viaxe e os seus custes, rexistradas polo Grupo Parlamentar de En Marea, o que para Villares constitúe “un incumprimento da Lei de transparencia e do código ético da Xunta”.  

Villares solicitou o cese inmediato do secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, por “ocultar información ao Parlamento” durante a súa comparecencia ante a Comisión 1ª da Cámara, na que se lle preguntou por esa viaxe e o posible cargos ás contas da Administración autonómica.     

“Queremos saber”, aseverou Villares, “se cumpriron a lei dende o principio ou so despois de que se rexistrase esa pregunta”, amosando asía desconfianza en que o goberno galego trasladara posteriormente os custes do cambio de axenda para que figurasen a cargo das contas do PP.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies