Tribunal que xulgará aos presos do procés // Imaxe: http://www.poderjudicial.es

Os independentistas cataláns serán xulgados polo maxistrado que absolveu a Camps e ditou a doutrina Botín e Parot

O maxistrado Juan Ramón Berdugo, membro da conservadora Asociación Profesional da Maxistratura, formará parte do tribunal que xulgará os presos independentistas cataláns.

Berdugo é maxistrado do Tribunal Supremo dende o 2004 e no seu haber figuran sentenzas como a da absolución de Francisco Camps polo caso dos traxes, formou parte do tribunal que ditou a doutrina Botín – que permite arquivar unha causa no caso de que a fiscalía non presente acusación a pesar de que exista acusación popular – e do que estableceu a doutrina Parot – que finalmente foi anulada polo Tribunal Europeo de Dereitos Humáns.

Tamén é coñecido o seu voto particular contra unha sentenza que establecía que as agresións dun home a súa parella ou ex parella debera ser considerada violencia machista.

O tribunal dos presos do procés

Ademais de Berdugo, o tribunal estará compoto por Manuel Marchena que formou parte do tribunal que condenou a Baltasar Garzón polas escoitas da Gürtel; Andrés Martínez Arrieta, que arquivou a causa por tráfico de influencias contra José Blanco.

Ademais dos anteriores tamén formarán parte do tribunal Antonio del Moral, Luciano Varela, Ana Ferrer e Andrés Palomo.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies