Imaxe: Twitter Mocidade Compostela

Nace a Asociación de Entidades Locais pola Lingua

Quince concellos únense na Asociación de Entidades Locais pola Lingua co obxectivo de pular polo galego e promover a colaboración entre as distintas institucións para lograr unha xestión máis eficaz dos proxectos colaborativos en materia de lingua.

A xuntanza tivo lugar en Santiago, estando representados nela ben a través dos alcaldes ou alcaldesas, concelleiros e concelleiras ou persoal técnico dos servizos de normalización, os concellos de A Baña, Ames, A Coruña, Teo, Ribadeo, Ferrol, Narón, Ponteceso, O Grove, Rianxo, Pontevedra, Moaña, Vilagarcía e Rois.

Acordaron que a presidencia da Asociación recaerá en Rianxo, a vicepresidencia no concello do Grove, Pontevedra encargarase d secretaría e Ames da tesourería. Narón, Rois e Santiago ocuparán as tres vogalías da entidade.  

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies