Imaxe: En Marea

Yolanda Díaz ameaza a Villares con romper tamén o grupo parlamentar galego

Nunha entrevista, Yolanda Díaz (Esquerda Unida), ameazou a Luís Villares con romper tamén o grupo parlamentar galego.

Despois de ter promovido e pactado a coalición entre Podemos, Izquierda Unida e EQUO a nivel estatal xa en xuño de 2018 e de non participar no proceso de primarias de En Marea para a elección de candidatos para as eleccións xerais e europeas, Yolanda Díaz agora, a menos de cinco días do remate do prazo para conformar coalicións, falou nunha entrevista concedida á Cadena Ser de que “non hai desculpa”, en relación a fechar unha única lista.

Na entrevista, Yolanda Díaz fixo unha advertencia a Luís Villares, quen en todo momento tendeu a man ao sector crítico, chegando incluso a propoñerlles ampliar o Consello das Mareas, na anterior dirección, cando alegaban que non estaban representadas todas as sensibilidades, o que rexeitaron, autoexcluíndose dos órganos. A pesares das múltiples tentativas de achegamento, Díaz aproveitou a entrevista na Cadena Ser para advertir a Villares de que dos 14 deputados no Parlamento galego, 10 son do sector “oposto a Villares”, asegurando “é fácil prever o que pode pasar e o digo con bastante tristeza, creo que hai que ter audacia e altura de miras. Ninguén o entendería”.      

A postura de Yolanda Díaz contaría co apoio de Paula Quinteiro, a deputada que se viu envolta na polémica pola rotura de retrovisores en Santiago de Compostela.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies