Casado emprega ás vítimas do terrorismo para facer campaña
Pablo Casado emprazou aos asistentes a un mitin preto de Compostela a imaxinarse que foran vítimas de ETA.
O Partido Popular organizou un xantar-mitin en Nemenzo, un municipio preto de Santiago de Compostela, ao que acudiron, entre outros, Pablo Casado, líder do PP e Alberto Núñez Feijoo, presidente da Xunta.
Casado centrou a súa intervención en afondar na estratexia do medo aos posibles socios de Pedro Sánchez, lembrando o apoio que o presidente do goberno recibiu de Bildu na aprobación dos seus decretos sociais fai unhas semanas.
Durante a súa intervención, Casado asegurou que Sánchez “chegou á Moncloa a lomos dos máis radicais, de aqueles que querían vender España e a pedazos” e espetou “Aquí somos, so sentados, máis de mil persoas. A banda terrorista matou a 800. ¿Imaxinádesvos agora que practicamente todos os que estades aquí sentados sodes tantas persoas como as vítimas dos criminais de ETA?” para concluír asegurando “esos etarras, esos herdeiros de Batasuna son os que agora din que pagou a pena. Nunca mandaran tanto en España como dende que Sánchez ten que chamalos por teléfono para rogarlles que aproben os seus reais decretos”.
Pablo Casado ha vuelto a usar hoy a ETA en campaña electoral. Da igual cuando leas esto.
— Doña Merkel 🇩🇪 🇪🇸 🇬🇷 🇮🇹 (@GobernoAlem) April 14, 2019