A Fundación Francisco Franco denuncia ao Gran Wyoming

A fundación que defende o legado do dictador denuncia á canle de televisión La Sexta xunto a Dani Mateo e Wyoming.

Segundo informaron nun comunicado ven de presentar a denuncia “Ante la incitación al odio por razones ideológicas llevado a cabo por “el gran Wyoming” y Dani Mateo, los pasados 3, 4 y 6 de septiembre en el Programa El Intermedio”.

Os defensores do dictador confían en que a Xustiza actúe “contra quienes se parapetan en la parodia no sólo para humillar a D. Francisco Franco y ofender a millones de españoles que se oponen a la pretendida profanación de su cadáver embalsamado”.

O ano pasado xa fora arquivada unha denuncia por outro sketch de El Intermedio no que facían sátira do Valle de los Caídos.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies