Rolda de prensa dos representantes dos traballadores dos PAC // Imaxe: galicia.fespugt.es

Folga nos Puntos de Atención Continuada (PAC) do Sergas

Os sindicatos convcarán unha folga nos Puntos de Atención Continuada (PAC) que se desenvolverá na segunda metade de outubro e continuará no mes de novembro.

Nos noventa PACs de Galicia traballan case un milleiro de profesionais e o seu personal denuncia que dende hai máis de 10 anos “a Administración sanitaria galega negouse a actualizar as necesidades e cubrir os novos problemas que foron xurdindo nesta estrutura de atención sanitaria que presta un servizo fundamental para a cidadanía galega”.
 
Os profesionais dos PAC reclaman equipos completos de medicina e enfermaría en todos os centros e que haxa criterios obxectivos para a dotacións dos PAC. Ademais do anterior tamén solicitaron melloras profesionais e de condicións de traballo como que se paguen o 100% dos complementos de nocturnidade e festividade e que se respecten os descansos para o cal o Sergas debera de deixar de fraccionar os contratos para non cumprir os ditos descansos e que non se incremente a xornada laboral efectiva ata as 1451 horas anuais así como a dotación de equipos de protección individual para todo o persoal dos centros.
 
A folga será convocada por unha numerosa representación sindical, UGT, CCOO, CIG, SATSE, CSIF, CESM e OMEGA participaron na rolda de prensa e desenvolverase durante os días 16, 19, 23 e 30 de outubro; e os días 2, 6 e 9 de novembro. En todos estes días comezaría ás 15 horas ata as 8 do día seguinte. Os días 21 e 28 de outubro e 4 e 11 de novembro a folga está convocada entre as 8 horas ata as 8 horas do día seguinte.
 
 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies