A Xunta privatiza a certificación do coñecemento do inglés
A CIG-Ensino ven de denunciar que a Consellería continúa coa externalización desta certificación, ao anunciar dous exames de certificación B2 e C1 que levará a cabo o Trinity College e reclama que sexan as Escolas Oficiais de Idiomas as entidades que formen e certifiquen os coñecementos do profesorado galego en todas as linguas.
A través dun comunicado a CIG manifesta que “ate o de agora, o profesorado tiña ao seu dispor as EOIs para certificar os coñecementos de inglés, sen embargo, a administración anuncia que o Trinity College levará a cabo esta certificación, o que supón un gasto que se retrae do orzamento do ensino público galego.
Dende o sindicato aseguran que “a formación do profesorado non pode ser unha forma de financiar entes externos, máis aínda cando as EOIs teñen entre as súas funcións expresas levar a cabo esas formacións”, polo que reclaman que sexan estas entidades as que “formen e certifiquen os coñecementos do profesorado galego en todas as linguas, sen concentrar os esforzos só no inglés”.
A Consellaría continúa coa externalización da certificación do coñecemento do ingléshttps://t.co/xCQpPKK0OF
— CIG Ensino (@CIGEnsino) October 26, 2018