Pull&Bear Loxística-Narón denuncian que Inditex e Muprespa crean enfermos

O Comité de Empresa de Pull&Bear loxística-Narón abre un calendario de mobilizacións para denunciar o abuso e fraude cara o persoal deste centro por parte da mutua Muprespa, permitido por Inditex.

A través dun comunicado, denuncian que a Inditex non lle importa a súa saúde, pois aseguran que “o traballo que desempeñamos conleva elevados esforzos ligados á manipulación manual de cargas, movementos repetitivos e posturas forzadas, ao que lle hai que sumar as esixencias da empresa en canto a ritmo de traballo e falta dunha aposta clara pola prevención de riscos laborais”, o que provoca que “máis de 100 traballadores e traballadoras teñan lesións musculo-esqueléticas (hernias, protusións, calcificacións…)”. 

Aseguran que o sistema de rotación de tarefas actual non é suficiente para parar este problema, pois “a falta de persoal obriga a ritmos elevados, provocando ineficacia no sistema”. Aseguran que a empresa se nega a contratar persoal suficiente, o que supón “non só que xeran enfermos, tamén os presionan para ir a traballar e os derivan á seguridade social”.

O persoal rebela que “cando acudimos á mutua coas lesións provocadas polo traballo, esta négase a admitir que están vencelladas ao traballo e derívanos á Seguridade Social, que pagamos todos, e logo Inditex presionanos para volver ao traballo”.

O luns, 5 de novembro, ás 17:00h, será a primeira concentración diante da mutua e a vindeira o luns 12 de novembro.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies