Comparecencia de Noa Presas e Luís Seara // Imaxe: https://twitter.com/BNGOUrense

O BNG pide a retirada do estudo informativo da estación internodal de Ourense

Nunha comparecencia da deputada Noa Presas xunto con Luis Seara, candidato do BNG á alcaldía de Ourense, veñen de solicitar a retirada do estudo informativo que publicou o goberno do estado.

O BNG ven de presentar alegacións ao estudo informativo da estación internodal de Ourense e calificou de fraude o mesmo ao entender que non cumpre cos obxectivos que ten unha estación deste tipo. Indicaron que non corrixe a permeabilidade entre o barrio da Ponte e o Vinteún ao estar previsto un muro de separación que rompe coa “armonía urbanística” e que, ademais, afectará ao centro de saúde da Ponte que “será convertido nunha rotonda”.

Tamén consideraron insuficiente a actuación sobre o ruído que xerarán tanto as obras como o funcionamento ordinario, algo que xa alegaron no proxecto inicial e lembraron que xa no ano 2009 apostaban pola integración urbana e o acondicionamento da rede ferroviaria de Ourense. Nesas alegacións que xa presentaran na anteior estapa do goberno socialista solicitaban un trazado que “minimizase o impacto ambiental, paisaxístico e sobre o patrimonio” ademais de pedir “medidas correctoras para evitar o impacto” entre as que figuraban un novo viaducto singular e unha terminal soterrada.

O BNG denunciou a falta de vontade política e solicitou a retirada do estudo e que se faga un novo.

Alegacións presentadas polo BNG:

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies