Imaxe: http://www.cig-ensino.gal

Análise sobre coeducación realizado nos centros de ensino galegos

A CIG aproveitará as visitas aos centros para presentarlle un inquérito ao profesorado sobre a existencia de Plans de coeducación, da figura dunha persoa coordinadora das actividades en materia de igualdade ou da oferta de materias de libre configuración relacionadas coa temática, entre outras cuestións. Con eses datos, obxectivos e contrastados, esixirán á Administración máis implicación e o cumprimento da normativa existente.  

Para a Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a CIG-Ensino o traballo en equipo e coordinado en materia de coeducación nos centros de ensino “é fundamental para poder reverter a situación social que vivimos e que consideramos que é froito, en boa medida, de non contar cunha educación baseada na igualdade e no respecto ás diferenzas de cada persoa”.  

Precisamente para coñecer de xeito máis real como se artella ese traballo nos centros, a CIG-Ensino por en marcha esta campaña, na que recabarán información a través dun inquérito para, unha vez recopilada, facerlle chegar á Administración as necesidades detectadas, tanto orzamentarias como de posta a disposición de recursos materiais e de horario para que o profesorado implicado nestas tarefas poida levar a cabo actividades de promoción da igualdade e de fomento da coeducación nos centros de ensino.    

Alén do estudo, entregarase o libro “Coeducación. O alicerce do ensino”, como marco teórico e ferramenta para o profesorado interesado en traballar a coeducación nas aulas.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies