Regresa a competición de fútbol gaélico a Ourense, e faino por partida dobre

O equipo feminino do Auriense FG, estréase na casa ante o Turonia de Gondomar, equipo debutante na Liga galega. As ourensáns, que veñen de perder o primeiro encontro nun axustado marcador contra as favoritas á levarse a Liga, o Estrela Vermella, queren conseguir a súa primeira victoria e facer do Campo universitario un fortín. O partido comezará ás 16:15.

Por parte do equipo masculino, que tamén recibe ao Turonia, queren voltar á senda da victoria e continuar estando en postos de privilexio, que dan opción ao final da primeira volta a competir polo título. O partido iniciarase ás 17:30.

Unha tarde de gaélico que agarda ter afluencia de público xuvenil, debido a que durante estas dúas semanas, diversas xogadoras e xogadores acudiron a Centros educativos para explicar o deporte e promocionalo entre a mocidade ourensá. Entrada libre.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies