Organizacións sociais e políticas esixen a Política Social que aumente a contía da RISGA

Unha vintena de organizacións reclaman a Política Social que se eleve a contía económica da RISGA dos 400 aos 600 euros mensuais e se axilicen os trámites, acurtando a un mes o prazo para conceder a prestación

O novo decreto que regula a Renda de Integración Social de Galicia (RISGA) atópase pendente de aprobación. Nel introdúcese a posibilidade de compatibilizar o cobro desta renda social cos ingresos por un traballo, pero na normativa non se contempla incrementar as contías destas axudas, dirixidas a colectivos desfavorecidos.

Ese é o motivo polo que xorde a campaña “Fagamos da RISGA un verdadeiro dereito”, apoiada por colectivos como o Foro Galego de Inmigración, o Colexio de Traballo Social de Galicia, o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais, asociacións e colectivos sociais e tamén por partidos políticos como En Marea, BNG, Esquerda Unida, Compostela Aberta, PSdeG-PSOE ou a CUT.   

A súa proposta e que se utilice o Salario Mínimo Interprofesional para fixar a contía da RISGA, no canto do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM) que se utiliza ata agora, o que permitiría incrementar nuns 200 euros a dotación económica da prestación, reclamando, á súa vez, que ésta sexa “un dereito cidadán e non un subsidio condicionado, porque actualmente un ten que demostrar que é pobre presentando moitos papeis e documentos”.  

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies