A protesta máis luminosa no pleno do Concello de Vigo

Juan Carollo, activista do colectivo “Acampada contra a pobreza”, irrumpiu no pasado pleno do Concello de Vigo vestido con luces de nadal para denunciar o gasto do Alcalde Abel Caballero en decoración de nadal cando moitas familias viven na pobreza. A cidade de Vigo é a cidade galega con unha maior tasa de poboación en risco de pobreza, un 21%, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística.

Este activista é un vello coñecido do concello de Vigo pola acampada instalada dente fai dous anos na Praza do Rei e pola reiterada solicitude para que o alcalde o reciba para falar sobre vivenda digna e os sen teito da cidade de Vigo.

O debate tamén chegou aos grupos do pleno xa que, Abel Caballero asegura que o diñeiro investido no alumeado de nadal ronda os 825.000 euros, mentres que a oposición mantén que o orzamento supera o millón de euros.

Abel Caballero afirmou que Vigo ten o mellor alumeado de nadal do mundo, dirixíndose aos alcaldes de cidades como Londres, Nova York ou Tokio para dicirlles que Vigo este ano terá o nadal máis “top” do planeta. O alumeado de nadal contén nove millóns de puntos de luz LED que alumean en 300 rúas e unha árbore de nadal de máis de 30 metros de altura.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies