Editores de dicionarios Vox quéixanse de que exista un partido co mesmo nome

Cando aos editores dos dicionarios Vox lles preguntaron que lles parecía que un partido de extrema dereita que acababa de chegar ás institucións levase o seu nome responderon que lles “toca as narices”.  

A editorial, especializada dende fai décadas na creación de dicionarios monolingües e bilingües, entre eles de latín, lingua na que o seu nome significa “voz”, amosouse molesta co feito de que se empregue a mesma palabra para denominar ao partido de Santiago Abascal, fundado en 2013 e que o pasado domingo irrompeu con forza nas eleccións andaluzas, obtendo 12 escanos. Dende a editorial prefiren que a súa marca non se asocie á política, asegurando “nos non nos presentamos ás eleccións, nos adicamonos a facer dicionarios, á cultura e á investigación”.  

Os servizos xurídicos da editorial estudaron a posibilidade de litigar pola marca trala creación da formación política, inda que finalmente descartaron esa opción.

A pesares da súa extensa traxectoria de máis de medio século adicada á formación e o estudo, os dicionarios Vox non puideron escapar ás bromas que xorden da súa homonimia co partido político. Despois de que Jordi Évole dixese que “Vox era un partido con nome de dicionario”, dende a editorial asumiron que o seu famoso esolgan dos anos 70, “necesitas un Vox”, adquiriu un novo significado.   

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies