Victoria do Auriense FG Campus do Auga

Emocionante vitoria do Auriense Campus do Auga na visita á Estrada, contra o equipo local do Braithreachas.

Aínda que nun partido no que sempre mandou no marcador, o equipo ourensán non puido despegarse do equipo estradense en todo o encontro. O “Cheas”, equipo que ocupa postos de abaixo na clasificación, demostrou que ten plantilla para competir con calquera equipo da Liga e, cun final de infarto, os ourensáns defenderon a súa porta para levarse unha vitoria que de novo os aúpa á parte alta da clasificación: 5-05(20) – 5-08(23)  

Volve o feminino e choque crucial para o masculino

Este próximo domingo, retoma a competición o equipo feminino, desta volta cun partido que promete ser igualadísimo, contra as veciñas do Deza: Herdeiras de Dhais de Lalín. Unha vitoria aúpa ao equipo ourensán  aos primeiros postos da táboa.

Pola parte masculina, en xogo o cuarto posto da clasificación. Quen leve os puntos, terá case asegurado o seu pase no grupo de arriba, que da acceso á loita polo título galego.

Unha tarde de domingo con dous choques espectaculares, no que o Auriense Campus do Auga fai un chamamento para que as veciñas e veciños de Ourense coñezan o deporte e animen ao equipo da cidade.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies