Davide Rodríguez posa na neve sen inmutarse // Imaxe: https://twitter.com/DavideManzaneda

Quen dixo frío? O deputado David Rodríguez en bañador na neve

David Rodríguez publica unha fotografía nas súas redes sociais na que se lle pode ver en bañador no medio da neve.

Emulando os retos dos países nórdicos o deputado ourensán Davide Rodríguez posou no medio da neve con soamente un bañador como prenda de abrigo. O deputado atreveuse incluso a enterrar os pés na neve para posar con toda tranquilidade. E non é o único, noutras imaxes, pódese ver a súa familia coa mesma naturalidade no medio da neve.

As imaxes, tomada nos exteriores da estación de esquí de Manzaneda, non pasou desapercibida nas redes sociais. En poucas horas a imaxe colleitou case cincocentos likes no Facebook e unha boa chea de repercusión no Twitter onde deu lugar a aparición de varios memes.

David Rodríguez é natural de Manzaneda o que fala moito do carácter que se manexan nas terras altas da montaña ourensá onde están acostumados a temperaturas baixo cero. Dende logo, ao deputado de En Marea, parecen non afectarlle.

 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies