Imaxe: http://compostelaaberta.org/

Os Franco gañan o xuízo pola posesión das estatuas do Mestre Mateo

A familia Franco gañou en primeira instancia ao Concello de Santiago o litixio polas esculturas do Mestre Mateo ao entender a xuíza que adquiriron a propiedade plena. O concello recorrerá a decisión.

O Concello de Santiago, gobernado por Martiño Noriega (Compostela Aberta) pedira a devolución das estatuas de Isaac e Abraham estimando que o que houbo foi “un espolio e un abuso do ditador”, pero a sentenza, que da a razón á familia Franco, basease no principio de usucapión ou prescrición adquisitiva, en base ao cal “accedese á propiedade dunha cousa mediante a posesión continuada dos dereitos reais, de maneira pública, pacífica e non interrompida no tempo”.

Durante a vista, o avogado do Concello de Santiago aportou o contrato asinado ante notario o 4 de xuño de 1948 polo que o Concello mercou ao conde de Ximonde tres estatuas, días delas as que son obxecto do litixio, por 60.000 pesetas. Explicou que “foi incluída unha cláusula pola cal se establecía que as pezas debían estar sempre no patrimonio artístico municipal, por imposición do conde”. Considerou tamén que en 1954, as estatuas leváronse ao pazo de Meirás da familia Franco, como un agasallo do entón alcalde, “sen acordo municipal algún e de forma oculta, clandestina e delictiva”. O avogado alegou tamén que “a pesares do tempo transcorrido, é pertinente prantexar esta demanda xa que se trata de bens do tesouro artístico nacional, co que non cabe alegar prescrición como fai a familia Franco”.     

Coñecida a sentenza, o Concello de Santiago avanzou que presentará recurso ante a Audiencia Provincial.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies