Davide Rodríguez (En Marea) cuestiona os contratos da Xunta con Babcock

O deputado de En Marea cuestiona que a pesares dos múltiples incumprimentos de contrato, constatados por sentenzas da Audiencia Nacional e o Tribunal Supremo, a Xunta continúe mantendo contratos coa empresa Babcock.

Babcock, antiga Inaer, empresa adicada en exclusiva aos servizos de emerxencias en Galicia a través da contratación permanente de helicópteros, é a concesionaria cabeceira dos últimos anos no territorio galego.

En febreiro de 2018, a CIG xa denunciara o incumprimento reiterado por parte da empresa das prescricións técnicas do servizo, polo que solicitara á Consellería de Medio Rural a cancelación do concerto con Babcock, ademais de pedir explicacións a Medio Rural sobre o motivo polo que un helicóptero, pertencente á empresa Babcock, estaba aparcado na base pública de Queimadelos, situada no concello de Mondariz (Pontevedra), cando xa rematara a tarefa para a que fora contratado.

Como sinala Davide Rodríguez, “a concesionaria de helicópteros ven de levar un novo pao xudicial, pois xa estivera no punto de mira do Consello de contas por presuntas irregularidades, polo que a Audiencia Nacional condenouna o pasado mes de marzo por simular préstamos para eludir impostos e sancións por máis de seis millóns de euros, que lle conlevaron unha sanción doutros tres millóns”. Tras esta sentenza da Audiencia Nacional, o Tribunal Supremo desestimou o recurso que presentara, polo que a empresa deberá pagar máis de nove millóns de euros.

Fronte a esta situación, o deputado de En Marea, que asegurou que dende a Xunta “estanse  pagando favores a empresas privadas como Babcock, a pesar da reincidencia nos incumprimentos técnicos” presentou unha iniciativa para que a Xunta respondera sobre dita situación, preguntando, entre outros aspectos, se a Xunta ten coñecemento da capacidade de auga dos helicópteros que traballaron en cada unha das bases do SPDCIF no ano 2018, se ten constancia dos incumprimentos do contrato e o motivo de manter eses contratos a pesares dos reiterados incumprimentos constatados pola Audiencia Nacional e o Tribunal Supremo.   

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies