Fonte: https://www.xunta.gal

Solicitan que o fiscal xefe de Ourense sexa apartado das súas funcións

O BNG cualifica ao fiscal xefe de Ourense de “okupa” e solicita que sexa apartado inmediatamente das súas funcións.

O BNG recorda que recentemente foron coñecidas a apertura de dilixencias contra o fiscal xefe de Ourense por parte do Consello Xeral do Poder Xudicial e que agora ven de sumarse o coñecemento de que a súa actitude de okupa vén custando importantes sumas de diñeiro que sae dos petos dos galegos e galegas.  Este feito, sumado ás dilixencias informativas abertas pola Fiscalía Xeral do Estado contra Florentino Delgado para esclarecer unha falta disciplinaria grave de abuso de autoridade incapacitan de facto a esta persoa para exercer as súas funcións e debe ser apartado da xustiza pois non garante en absoluto a súa independencia nin a transparencia respecto das súas funcións. 

Para o BNG “resulta de máxima gravidade a existencia deste tipo de privilexios e vinculación entre xustiza e goberno que afondan na falta de credibilidade que ten a independencia da xustiza en Ourense” e anuncia que presentará no Parlamento Galego iniciativas para esclarecer o acontecido.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies