Imaxe: http://plataformagalegadefensaensinopublico.blogspot.com/

A Plataforma en Defensa do Ensino Público promove unha campaña de matriculación en centros públicos

Co lema “Faite do ensino público”, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público chama a apostar pola rede pública como mellor ferramenta de equidade e cohesión social.

A Plataforma chama tamén aos concellosa sensibilizar a pais e nais das vantaxes que ofrece o ensino público e a promover un ensino público e de calidade, ao tempo que critica que a propia Xunta de Galicia non execute ningunha campaña neste sentido cando estamos a falar de centros de titularidade da propia administración autonómica“.

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público amosa a súa preocupación pola deriva ultraliberal que se está a dar en comunidades autónomas gobernadas polo PP, nas que se está a financiar con fondos públicos o Bacharelato (Madrid) ou se pretende comezar a facelo, como figura no acordo de goberno da troika reaccionaria en Andalucía“. A Plataforma renova a súa aposta pola eliminación dos concertos educativos nos centros que segregan o seu alumnado polo seu sexo e chama a estender a rede pública para poder reducir progresivamente o importante.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies