Imaxe: https://twitter.com/Incendiosgalic1/status/1100161185771589632

Os lumes volven a Ourense en pleno mes de febreiro

Case un cento de hectáreas arderon na provincia de Ourense en Pleno inverno.

A consellería de Medio Rural deu conta de dous incendios na provincia de Ourense en pleno mes de febreiro. Os lumes que quemaron xa preto de 100 hectáreas localizáronse no Carballiño, A Mezquita e Xunqueira de Ambía.

A peche de información da consellería soamente o lume de Xunqueira de Ambía estaba extinguido aínda que daban por controlado os da Mezquita e Xunquera de Ambía.

A conta de Twitter IncendiosGalicia informaba de dous incendios máis en dous lugares da Gudiña, doutro en Vilariño de Conso e outro máis en Calvos de Randín que estarían activos e dos que a conselleria non informou polo que o nivel de hectáreas queimadas na provincia ourensá poderían pasar amplamente das 100 hectareas de non das 77,7 das que informou o executivo de Feijoo.

Planificación dos servizos de extinción

A Xunta de Galicia non activou a contratación dos bombeiros forestais fixos discontinuos de 9 meses a pesar de que os termómetros marcaron temperaturas record durante este mes de febreiro e a pesar dos avisos de Meteogalicia a respecto das condicións climatolóxicas. Deste xeito uns 600 efectivos aínda reanudarán o seu contrato a primeiros do mes de marzo en lugar de facelo cun adianto lóxico que marcaban as condicións meteorolóxicas.

A Xunta de Galicia aínda manterá un cupo de bombeiros forestais sen contratar. Trátase das brigadas que actúan en alto risco e que o ano pasado traballaron pouco máis de tres meses.

 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies