Imaxe: Twitter En Marea

En Marea insta ao goberno a declarar a nulidade da prórroga a Ence

Luís Villares cualificaba como “incompleta, un quero e non podo” a posición do Executivo, polo que animaba ao goberno de Sánchez a declarar a nulidade da prórroga a Ence.

Luís Villares instaba ao Goberno central a “ser valente” e iniciar o expediente para proceder á revisión de oficio da prórroga a Ence, animando a converter os “venres sociais” do Goberno en “venres ambientais”.

En rolda de prensa, lembraba onte que “dende 2016 En Marea sostén que a prórroga é contraria a dereito porque se produciu en fraude de lei e a través dunha desviación de poder”, por aprobarse polo executivo de Mariano Rajoy cando estaba en funcións.

Villares indiciu en que “o goberno de Pedro Sánchez non foi valente, e de forma timorata, dixo que non se podía facer nada, e agora, en tempo electoral, súmase á posición política e xurídica de En Marea e ao que era un clamor na Ría de Pontevedra e en toda Galicia”.   

O voceiro de En Marea anunciou que “levaremos de novo ao Pleno do Parlamento esta cuestión para poder actualizar os termos dun debate que vai estar de actualidade ata que consigamos ver de forma efectiva como Ence sae da Ría de Pontevedra”.

Villares incidiu en que “queremos seguir sendo unha forza política determinante para o conxunto do país a partir do 28 de abril, en pro do medio ambiente e dun futuro produtivo r sostible. Esta é a posición útil para a cidadanía de Galicia que quere seguir tendo En Marea para condicionar o discurso político e as políticas públicas que redunden en beneficio ambiental, laboral e de cohesión territorial do país”.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies