Persoal de Alcoa da Coruña secundará unha folga de 24 horas

Traballadoras da fábrica de Alcoa na Coruña secundan dende a pasada noite unha folga de 24 horas enmarcada no calendario de mobilizacións que secundan dende que se anunciou o peche das fábrica na Coruña e en Avilés (Asturias).

A folga, á que se convocou ao persoal (369 empregadas) comezou o pasado xoves ás 22:00 e terminará hoxe á mesma hora, segundo informaron dende o comité de empresa.

Tamén hoxe, parte do persoal desprazarase para “protestar contra Alcoa” ata a planta da multinacional en San Cibrao (Cervo, Lugo). Afirman a través dun comunicado que o motivo para protestar nesa planta é porque “é nela onde se xestiona toda a produción de Europa, ademais da de Alcoa Ma ´aden, en Arabia Saudita”.  

O persoal anuncio estas novas accións trala xuntanza mantida o martes coa empresa e o comité de Avilés para a constitución da mesa negociadora do expediente de regulación de emprego extintivo. Nela acordaron ampliar o período de consultas fixando unha nova xuntanza para o 4 de decembro.   

O comité de empresa amósase satisfeito por conseguir ampliar o período de negociación, á que se incorporou tras non asistir a varias xuntanzas anteriores por considerar “nulo” o expediente.  

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies