Imaxe: Twitter En Común unidas Podemos

Gómez-Reino desvela unha posible conspiración para relevar a Villares de voceiro do Grupo Parlamentar

O candidato de En Común Podemos e secretario xeral de Podemos Galicia non desbota quitarlle a Villares a voceiría no Grupo Parlamentar mentres apoia o mantemento como deputada de Paula Quinteiro.

Cuestionado nunha rolda de prensa xunto coa deputada Yolanda Díaz pola situación do Grupo de En Marea no Parlamento galego, Antón Gómez-Reino asegurou “actuamos con responsabilidade e eles teñen autonomía. Nós traballamos con todos, sexan ou non de Esquerda Unida ou Podemos, e son os compañeiros do grupo parlamentario os que teñen que decidir”.

Deixaba así aberta a posibilidade de que as forzas estatais que racharon con En Marea (Podemos e Esquerda Unida), que contan con oito dos catorce deputados da formación, promovan un golpe interno para derribar a Villares como voceiro do grupo parlamentar.  

Esta xogada pode obedecer á estratexia de Gómez-Reino de tomar o control de En Marea, feito que non conseguiu nin nas anteriores primarias, onde a candidatura de Luís Villares gañou á encabezada por David Bruzos, nin no proceso para candidatarse para as eleccións xerais, onde para asegurarse os seus postos, preferiron rachar co partido instrumental e volver á coalición.

Rendición de contas

A estratexia de Gómez-Reino de tomar o control de En Marea, incluso apoiando o mantemento de Paula Quinteiro como deputada tralo incidente en Santiago de Compostela, tentando colocar a Podemos no centro do espazo político, pretendendo facer de En Marea, unha sorte de sucursal galega de Podemos non lle resultou, polo que esta nova tentativa non semella ir moi lonxe.

Mentres Gómez-Reino, sendo deputado de En Marea e saltándose os acordos refrendados polas inscritas nunca rendeu contas nos plenarios da formación, Luís Villares saíu reforzado de todas as consultas que a formación levou a cabo.  

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies