Antón Gómez-Reino, Yolanda Díaz e Martiño Noriega // Imaxe: http://congreso.enmarea.gal

En Marea, a confluencia galega, asediada polos partidos políticos

A organización que se define como ‘de adscrición individual’ pode vivir un cambio total despois das próximas eleccións internas.

A nova dirección galega de Podemos e Anova veñen de dirixirse os seus militantes para que tomen posicións e se inscriban no partido instrumental. A formación morada enviou unha misiva aos seus militantes instándoos a inscribirse dentro do ‘partido instrumental En Marea’ indicando que ‘é fundamental’ a súa participación para ‘refundar’ En Marea.

Solicitude de voto

A pesar de que a campaña electoral dentro de En Marea comezará aínda o próximo 27 de novembro, Podemos-Galicia xa pide abertamente o voto para si. Nun correo enviado a toda a militancia dise expresamente: “vota á candidatura na que participe Podemos no proceso de primarias que terá lugar do 1 ao 3 de decembro”.

Mesa da confluencia

Os partidos políticos chamados polo alcalde de Compostela, Martiño Noriega, conformaron un eixo para tratar de recuperar a organización nacida na asemblea de Vigo hai pouco máis de dous anos. Entre os acordos da mesa figuraban que as partes se implicaran na recuperación, promesa que agora se materializa mediante a inscrición das súas bases organizadas na formación rupturista para tratar de tomar o rumbo do timón de En Marea.

 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies