Decisivo partido para o masculino, e nova oportunidade para o feminino

Domingo cargado de emocións o que lle agarda aos equipos masculino e feminino do Auriense Campus da Auga FG.

Pola mañá, en Vigo, o equipo feminino enfróntase ao Keltoi, para romper dunha vez a mala racha de resultados, pero non de xogo, xa que perderon os tres últimos partidos nos instantes finais e sempre, competindo a un grandísimo nivel. Un encontro que promete moitos tantos e que sempre deixa un bo espectáculo para as aficionadas.

Pola tarde, e xa no Campus Universitario de Ourense ás 16:45, o Auriense xógase a tempada no último encontro da primeira fase, contra o Estrela GAELS, filial do potente equipo de Estrela Vermella de Santiago de Compostela.

A victoria levaríaos á manter a cuarta praza na Liga galega, que da lugar a competir polo título e pola clasificación para o Ibérico, cos tres mellores equipos galegos (Irmandhinos de A Estrada, Estrela Vermella de Santiago de Compostela e Fillos de Breogán de A Coruña).

Un partido intenso, no que agardan manter a boa liña de resultados e contar co cun amplo apoio da afición para despedir a primera fase.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies