Tribuna Pública convida aos traballadores de ALCOA a unha acción para humanizar a súa problemática laboral

Traballadores e traballadoras da fábrica de ALCOA na Coruña participarán este domingo en Tribuna Pública.

Cunha acción titulada “Os rostros de Alcoa”, o persoal da fábrica participará en Tribuna Pública ás 12:00h. deste domingo nunha acción consistente na participación individual de cada traballador na que expresarán as súas reivindicacións co obxectivo de humanizar esta problemática laboral colectiva.

Esas intervencións, segundo apuntan dende a organización, serán gravadas in situ e convertidas nunha peza audiovisual de difusión mediática.   

O acto contará coa asistencia do alcalde da cidade herculina Xulio Ferreiro e nel presentarase o apoio aos traballadores de ALCOA por parte das entidades culturais de Galicia e do estado que se adheriron á iniciativa de Tribuna Pública.  

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies