Incendio forestal en Ábedes (Ourense) // Foto: https://twitter.com/briftabuyo

Os lumes reaparecen outra vez en outubro

Segundo información do 085, no que levamos do mes de outubro houbo incendios en Cervantes (12,5 hectáreas), Ortigueira (20 hectáreas), Rianxo (20 hectáreas), Redondela (12 hectáreas), Nogueira de Ramuín (máis de 150 hectáreas), Muíños (afectando ao parque natural do Xurés), Cotobade…

Dende a Consellería de Medio Rural apenas se divulgan datos detallados dos lumes activos en Galicia debido á restrición informativa aplicada pola Consellería, pois so informan por iniciativa propia dos incendios que superan as 20 hectáreas, e por debaixo desa superficie, únicamente dos que poñen en perigo zonas habitadas ou espazos como áreas naturais protexidas. Tódolos demais focos de lume quedan ocultos a non ser que alguén pregunte específicamente por un incendio en concreto. Esta opacidade da información sobre os aparentemente escasos incendios deste verán contrasta cos datos e imaxes que, fundamentalmente a través das redes sociais divulgan colectivos profesionais implicados na extinción como bombeiros forestais, brigadas, axentes forestais e medioambientais… Este colectivo, ao igual que as brigadas de SEAGA, atópanse en folga (cuns servizos mínimos do 100%) para reclamar melloras nas súas condicións laborais.  

A provincia de Ourense volve a ser das máis arrasadas polos lumes, rexistrando, entre outros, este venres dous incendios forestais activos nos municipios de Nogueira de Ramuín e de Muíños, afectando este último á Ribeira Sacra e ao parque natural do Xurés, despois dos lumes sufridos xa fai uns días e dos que xa arrasaran parte dese patrimonio natural entre 2017 e 2018.

O venres tamén se rexistrou un incendio forestal en Ábedes, que obrigou a pechar ao tráfico un carril da autovía A-52 en Verín debido aos traballos de extinción e á baixa visibilidade debida ao fumo.

 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies