O camiño primitivo foi cobuerto de cemento // Imaxe: https://twitter.com/ADEGAgz

A Xunta de Galicia enche de cemento nun tramo medieval do Camiño de Santiago

A Axencia Galega de Turismo segue a deturpar o Camiño Primitivo na Fonsagrada

O Foro do Camiño ven de denunciar a alteración irreparable dun novo treito do Camiño Primitivo, vía histórica recoñecida pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade, como consecuencia das obras de acondicionamento levadas a cabo pola Axencia Galega de Turismo.

O Foro, integrado por trinta organizacións culturais, ecoloxistas e veciñais que ten por obxectivo preservar os Camiños de Santiago, censura a “construción dun novo Camiño de Santiago no século XXI” da man do departamento que dirixe Nava Castro, trasladando os feitos á organización de vixilancia do patrimonio ICOMOS, entidade consultiva da UNESCO.

Denuncias previas

Xa no ano 2016 o Foro do Camiño se dirixira a ICOMOS para denunciar que “baixo eufemismos como acondicionamento, recuperación ou mellora”, a entidade dependente da Xunta dispúñase a alterar o trazado histórico dos itinerarios xacobeos, con fins esencialmente turísticos.

Máis casos

O maltrato ao patrimonio histórico e artístico no no país é constante. Meses atrás foi moi polémica a restauración que se fixo do camiño medieval do Castelo de Monterrei.

Activistas nas redes están a utilizar Twitter para denunciar estes atentados baixo o cancelo #FormigónNoPatrimonio onde se poden ver auténticas aberracións.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies