A Alcaldesa de Madrid presenta a plataforma “Más Madrid”, desvinculándose das cuotas de partido

A pasada semana presentábase a plataforma coa que concurrirá as vindeiras eleccións municipais Manuela Carmena, desta maneira a alcaldesa zanxa  a polémica xurdida nas derradeiras semanas con Podemos, e a intención da organización morada de impoñer os nomes da lista de Carmena.

A plataforma “Más Madrid” busca con este lanzamento a continuidade do proxecto de 2015 sumando a partidos políticos e sociedade civil, pero facendo fincapé na esencia desta candidatura como “candidatura cidadá”, onde a participación é en pé de igualdade. Con vocación de ser unha plataforma aberta a organizacións e partidos políticos, aos que anima a participar, pero non mediante un reparto de cuotas, senón aportando a súa experiencia e organización para construír unha plataforma coral.

A presentación desta plataforma electoral chega despois da guerra interna en Podemos polos concelleiros de Ahora Madrid e militantes de Podemos, que foran suspendidos de militancia tras negarse a participar nas primarias internas da formación por non concordar coa lista presentada. Despois de semanas de polémica en medios de comunicación e redes parece que as augas andan máis calmadas na relación entre Manuela Carmena e Pablo Iglesias, e retomarán as negociacións para acadar unha candidatura gañadora para 2019.

Na presentación da Plataforma a alcaldesa reivindicou o seu proxecto como “innovador, independente, democrático e progresista”, un proxecto que “non debe render contas a Pablo Iglesias nin tratar con él para configurar a candidatura”, deixando claro á formación morada que debe sumar ao proxecto non ser o protagonista.

A Plataforma “Más Madrid” baralla os meses de xaneiro ou febreiro para a celebración das primarias para conformar a lista electoral encabezada por Manuela Carmena co obxectivo de dar continuidade ao goberno no concello de Madrid.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies