Pensionistas de Lugo, protagonistas por todo o estado

Desafiando á friaxe, a Asociación Jubilados y Pensionistas de Lugo (AJYPEL), reuniu a duascentas persoas polo perímetro da Muralla.

Os pensionistas lucenses son dos que menos cobran do estado, con 723 euros de prestación media, o que supón case 100 euros menos que a media de Galicia e máis de 200 menos con respecto á pensión media española. Os lucenses so superan aos pensionistas de Ourense, que teñen uns ingresos de 702 euros.  

Entre as reivindicacións recollidas por AJYPEL, no que cualifican como “unha manifestación libre de presións políticas e sindicais, sen bandeiras”, atópanse “melloras na sanidade, axudas na enerxía e ampliación das residencias da terceira idade”. Tamén esixen “a recuperación dos medicamentos retirados na sanidade galega, a cobertura no Sergas dos tratamentos auditivos, bucais e ópticos, garantir as actualizacións das pensións respecto ao aumento real dos prezos e ter representación directa nos órganos lexislativos”.

A manifestación tivo repercusión en “La Sexta”, no remate do programa do serán e durante  informativo da noite.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies