Imaxe: Twitter Concello da Coruña

Presentación pública dos proxectos gañadores do concurso de ideas sobre o bordo litoral da Coruña

Tribuna Pública acollerá a presentación dos proxectos gañadores do concurso de ideas sobre os usos sostibles do bordo litoral da Coruña.

Tribuna Pública acollerá mañá, mércores 27 de febreiro ás 19.30 horas, a presentación dos 5 proxectos finalistas no concurso de ideas sobre os usos sostibles do bordo litoral da Coruña, Tecendo Litoral. A presentación do acto, segundo indican dende a organización, correrá a cargo do comisario Juan de Nieves, coordinador xeral de Tribuna Pública, quen dará paso á intervención do alcalde da cidade, Xulio Ferreiro.

Logo cada representante dos equipos dos proxectos gañadores- Ciudad Puerto, Porto Metropolitano, Growing Together, Nosfíos e Porsuporto- fará unha exposición de 10 minutos de duración. Ao acto asistirá tamén Xiao Varela, concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda e Claudia Delso, concelleira de participación e innovación democrática.

O xoves e o venres, tamén ás 19:30h. terá lugar unha nova exposición oral de cada proxecto, de 30-40 minutos de duración cada unha (o  xoves  Porto Metropolitano, Ciudad Puerto e Nosfíos, e o venres Porsuporto e Growing Together seguida da celebración dunha mesa redonda cos representantes destes 5 proxectos).

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies