Sorte dispar para as sección do Auriense Campus da Auga

A equipa masculina logra a victoria pero o feminino non consegue gañar ás Herdeiras de Dhais.

O sábado, o equipo feminino desprazábase para xogar un partido moi complicado, contra un dos equipos máis en forma da competición: Herdeiras de Dhais. De novo, un partido moi igualado, cun tanteo moi alto e con alternativas no marcador, pero que acabou con derrota para o Auriense por dous tantos.

Herdeiras de Dhais 4-14 (26) – Auriense FG 4-12 (24).

Esta tempada, o conxunto femenino está a competir a un gran nivel, pero sen sorte nos minutos finais.

O masculino, pola súa parte, non deu opcións ao Pontevedra FG, dominando o encontro dende o primeiro minuto: Pontevedra 2-04 (10) – Auriense 5-14 (29).

O partido, disputado nas instalacións de A Xunqueira, confirma o alto rendemento esta tempada do cadro masculino que, no caso de gañar na última xornada contra o filiar do Estrela Vermella, meteríase no grupo dos 4 mellores, con posibilidade da loita polo título e clasificación para o Campionato ibérico.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies