A titular de Facenda do Goberno do PSOE asegura que os orzamentos xa incluían parte da “axenda galega do cambio”
A titular de Facenda do Goberno do PSOE, Mª Jesús Montero, asegura que os orzamentos xa incluían parte da “axenda galega do cambio”.
A ministra de economía e facenda, Mª Jesús Montero, asegurou ante unha pregunta de En Marea que o proxecto de orzamento rexeitado o pasado 13 de Febreiro xa incluía parte da “axenda galega do cambio” a pesar de que este orzamento recortaba nun 20% as inversións para Galicia con respecto ao ano 2018 sin contemplar ningún dos puntos importates que a formación galega propuxo ao goberno socialista.
Así, ante a interpelación de Gomez-Reino, a ministra replicoulle que xa se reunira con el no pasado para trasladarlle alguns investimentos que se “podían estudar” polo que non entencía a súa intervención. Ademais volveu a insistir que, pese ao recorte en investimento para a comunidade galega, “Son uns orzamentos bos, e vostedes tamen se terían que sentir orgullosos deles”.
A deputada Alexandra Fernández afea a intervención de Gómez-Reino
Alexandra Fernández, a única deputada do subgrupo de En Marea que votou en contra do orzamento seguindo a disciplina de voto marcada pola direccion do partido instrumental, afeou a intervencion do seu compañeiro de escano. Nun chío colgado na súa conta de twiter recomendoulle a Gómez-Reino que deixase de tentar enganar á xente porque o unico que conseguía era golpearse coa realidade, en relacion á negativa da ministra de incluír puntos da “axenda galega do cambio” no orzamento xeral. “Cando intentas xustificar o inxustificable e acabas topando coa realidade do que votaches: recortes pro teu país” sentenciou noutro comentario no Facebook.
A Ministra responde que a axenda galega do cambio estaba incluída nos orzamentos que votamos(os do recorte do 20%)🤦🏽♀️
Isto é o que pasa cando sigues, erre que erre, tentando enganar á xente: que ao final golpéaste contra a verdade.
Deixádeo estar, por favor.
Foi inxustificable. pic.twitter.com/cnvNMY0XkV— Alexandra Fernández (@aKollontai) February 27, 2019