Imaxe: Twitter Martiño Noriega

Resultado convulso nas primarias de Compostela Aberta

O representante de Podemos baixa da 6º posición inicial á 9º, copando os máis próximos a Noriega a parte alta da lista.

Na tarde de onte coñecéronse os resultados provisionais das primarias de Compostela Aberta. Unhas primarias nas que a participación baixou en case un 50% con respecto ao ano 2015 e que ratificaron a Martiño como cantidato a renovar a alcaldía da capital galega, con 467 votos a favor e 70 votos en branco, dun total de 537 votos emitidos.

A ratificación de Martiño foi o único acontecido dentro do agardado. No resto da lista definitiva calquera parecido coa proposta de consenso inicial sería praticamente anecdótica. Así obtiveron a practica totalidade dos primeiros postos xente do sector máis afin ao actual alcalde compostela, recuncando a maioría dos seus concelleiros como Branca Novoneyra, Rafael Pena, Marta Lois, Jorge Duarte, María Rozas e Xan Duro.

Segundo fontes de Compostela Aberta, a circulación de “plantillas de votación a medida” foi a tónica xeral nos grupos de whatsapp e telegram dos que participan os inscritos da marea compostelana. Foi isto o que provocou a todas luces o convulso resultado final deste proceso de primarias. Un resultado do que unhas das consecuencias máis siginificativas é a baixada do representante de Podemos, Alex Botello, da sexta á novena posición, un lugar que segundo as últimas enquisas non garante que poida obter acta de concelleiro nos vindeiros comicios de maio. A súa designación por Podemos xa levantou polémica entre algúns inscritos por ser coñecida a súa anterior afinidade con Anova sendo el un recén chegado á formación morada hai apenas uns meses.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies