Imaxe: Twitter En Común Podemos

En Común Podemos tira de partidos para encabezar as 4 provincias

A coalición En Común Unidas Podemos presentou de xeito oficial a súa candidatura, na que tiran de partidos para encabezar as 4 provincias.

O local do Instituto Campus Stellae en Santiago de Compostela foi o lugar escollido para a presentación da candidatura de En Común Unidas Podemos para as eleccións xerais, onde anunciaron aos cabezas de lista da coalición: Antón Gómez Reino, secretario xeral de Podemos Galicia, por A Coruña, Yolanda Díaz, ex-coordinadora nacional de Esquerda Unida, por Pontevedra, Ledicia Piñeiro, exconcelleira no Concelo de Ourense, por Ourense e Vanessa Somoza, de Esquerda Unida, por Lugo.  

Tanto Gómez Reino como Yolanda Díaz, durante as súas intervencións, reivindicaron o seu traballo no Congreso durante a anterior lexislatura baixo a marca de En Marea, pero sendo cuestionados sobre se crían que a súa escisión lles pasará factura, Díaz aseverou que “En Común non vai pronunicar unha palabra do pasado”. 

Yolanda Díaz tamén afirmou que non tiña importancia o nome co que se presentaran “porque a cidadanía sabe perfectamente quen somos e a quen votar”. 

Luís Villares (En Marea): “As sopas de siglas non suman por ser máis longas”

Durante unha rolda de prensa con Pancho Casal, deputado de En Marea e Javier Arca, traballador de Alcoa, o voceiro de En Marea, Luís Villares, cuestionado en relación á coalición de Podemos, Esquerda Unida e Equo afirmaba que “as sopas de siglas non suman por ser máis longas”, e pedía que se responsabiliza da división a quen “volven a replegarse nas súas parceliñas”. 

 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies