Carolina Bescansa anuncia a súa candidatura // Imaxe: Instagram Julia Torregrosa

Non haberá lista única en Podemos Galicia

Carolina Bescansa acepta encabezar unha lista para loitar polo liderazgo de Podemos Galicia

O anuncio fíxoo a propia Bescansa nunha coparecencia feita a tal efecto. Rodeada de mulleres da actual dirección confirmou a súa pretensión de liderar o partido morado no noso país e desvinculouse de estratexias estatais: “Galicia no es una ficha en un escenario más grande” en clara alusión ás declaracións que días pasados fixera dende a dirección estatal.

Na comparecencia púidose ver a Julia Torregrosa, a deputada que entrou no parlamento galego en substitución de Juan Merlo despois de que este último tivera que dimitir por inflar o seu curriculum.

Reaccións de Antón Gómez-Reino

O outro candidato á secretaría xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez-Reino, nunhas declaracións á saída dunha xuntanza coa ministra Meritxell Batet, acusou a Bescansa de “romper la unidad” e advertiu que se segue adiante coa súa candidatura a del seguirá a ser a candidatura “de encuentro y mayoritaria” e evolveuna animar a integrarse na súa candidatura onde lle daría “la bienvenida” e “acomodo” para implicarse “por primeira vez” na política gallega.

 

Fractura interna

O enfrontamento en Podemos Galicia parece inevitable e recorda ao pulso entre Pablo Iglesias e Íñigo Errejón na asemblea de Vistalegre II. As distintas familias de Podemos xa se están a alinear entre as distintas opcións. A deputada no parlamento galego Luca Chao e o ex senador José García Buitrón xa tomaron partido pola candidatura oficial. No lado de Bescansa cóntase a Julia Torregrosa, a grande parte da dirección saínte con Carmen Santos.

 

O enfrontamento chega ao municipalismo

O concelleiro de Rexeneración Urbana da Coruña e membro da Marea Atlántica Xiao Varela foi o primeiro en dar o seu apoio a Antón Gómez-Reino e fontes próximas a En Marea amosan a súa preocupación porque esta escalada poida contaxiar os concellos e chegar a dividir aínda máis o partido instrumental.

 

Outras opcións

Un grupo de inscritos en Podemos Lugo están a traballar na creación dunha terceira candidatura alternativa ás de Antón Gómez-Reino e Carolina Bescansa. Fontes próximas a esta candidatura indicaron que están intensificando contactos cos círculos activos para facela viable.

Pola súa banda os anticapitalistas veñen de emitir un comunicado no que expresan que non teñen “intención de incorporarnos a listas que se moven nesa lóxica de repartición do poder ou disputa da baronía: durante estes días decidiremos cal é a mellor forma de introducir os debates estratéxicos que nos parecen fundamentais”. Esquerda Anticapitalista ten un pacto a nivel estatal co sector oficial de Pablo Iglesias polo que non parece probable que impulsen ou vaian noutra lista que non sexa a de Antón Gómez-Reino.

 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies